|
|
|
CONCLUSIÓNS 1. Os grandes e rápidos cambios que se teñen producido nas últimas décadas no concepto funcional do museo, obrigan a reformular o seu sentido e organización espacial, tanto naqueles de nova creación, como nos localizados en edificios históricos. 2. Débense definir equipos de traballo, de arquitectos e técnicos de museos, que actúen simultaneamente desde o comezo da concepción do proxecto. 3. Os edificios de nova planta, que teñen un marcado valor arquitectónico propio, deberán responder coa flexibilidade necesaria a un discurso previamente definido no programa de contidos e necesidades. 4. O espazo arquitectónico non pode ser autónomo; ten que dar soporte aos cambiantes requirimentos do público e ás necesidades expositivas, de servizos, ambientais, de accesibilidade, etcétera. 5. Os cambios aos que se fixo referencia anteriormente están a amosar a falta de espazos funcionais (depósitos de reserva, laboratorios, obradoiros e espazos de atención ao público) nas instalacións actuais dos museos. 6. Débese procurar a integración do espazo arquitectónico dos museos no tecido urbano e no contexto territorial. 7. Noutra orde de cousas, enténdese conveniente a activación operativa das redes previstas na norma legal, así como a actuación colaboradora entre os distintos museos con independencia da súa titularidade. 8. Estímase que non debe existir ningún centro coa consideración de museo sen que dispoña dun programa de contidos e de necesidades espaciais.. Lugo, 28 de outubro de 2006 |
![]() |