Consello Galego de Museos

Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense

O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense encóntrase inmerso nunha ampla reforma que afecta ó edificio no que ten a súa sede, o primitivo pazo do bispo de Ourense, sito na Praza Maior da Cidade.

As obras obrigan a manter pechados ó público os espazos expositivos e a ter nun emprazamento provisorio o resto dos servizos do Museo, en tanto non se recupera como unha totalidade o edificio, que é o conxunto mellor conservado do románico civil, ao que se engadiron elementos posteriores que acrecentan o seu valor construtivo.

Para encher ese baleiro temporal da presenza pública das coleccións do Museo optamos por presentar unha escolma das coleccións, con eixo nas series de escultura, que ofrecían meirande representatividade dos fondos do Museo, ademais de contar con algúns dos elementos de referencia da propia colección, como é o caso dos guerreiros galaicos ou da escultura renacentista.

Agardamos que esta escolma das nosas coleccións sexa un índice da riqueza dos fondos que garda o Museo e unha suxestión das posibilidades que, nun día non moi afastado, poidamos ofrecerlles aos cidadáns na súa totalidade expresiva.

Enderezo:
Praza Maior
32005
Ourense
Teléfono:
Servizos de biblioteca, atención a investigadores e outros servizos: 988 22 38 84
Escolma de escultura: 988 23 04 30
Fax: 988 22 37 01
E-mail: mapour@xunta.es
Web: www.musarqourense.xunta.es


Horario:
Biblioteca e outros servizos.
Edificio Santa Mª de Europa:
de luns a venres de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00

Escolma de Escultura.
Sala San Francisco:
de martes a sábados de 9:30 a 14:30 e de 16:00 a 21:00;
domingos de 9:30 a 14:30

Días de peche: luns e festivos.


Servizos:
Prezo da entrada /
Biblioteca / centro de documentación SI
Tenda / venda de publicacións /
Instalacións adaptadas á diversidade funcional /

Temática:
Arqueoloxía, Belas artes

Contactar có museo

San Domingos de Bonaval 15703 Santiago de Compostela
Tel.(981) 583620 - Fax 554840| secretaria@cgmuseos.org
XHTML 1.0 Strict válido CSS válido

Co patrocinio da:Xunta de Galicia