Consello Galego de Museos

Museo de Belas Artes da Coruña

O Museo de Belas Artes da Coruña nace en 1922 abrindo ao público no ano 1947, na chamada Casa do Consulado, cunha colección de pintura, debuxo, escultura e artes decorativa que foi medrando grazas a adquisicións, doazóns e depósitos de diversos particulares e institucións. Dende o ano 1995 ten unha nova sede no antigo convento das Capuchinas.

A súa exposición permanente propón un percorrido temático polos diferentes xéneros da pintura europea dos séculos XVI e XVII. Nesta época destacan as obras de Carducho, Rubens, Arellano, Rivera, Aníbal Carraci e Frans Francken. O Romanticismo de Pérez Villaamil abre a sección do século XIX da que forman parte os retratos de Fierros, Esquivel ou Madrazo e as paisaxes de Carlos Haes, Urgell ou Ovidio Murguía. O tránsito do século XIX ao XX faise a través da pintura rexionalista de Avendaño, Sotomayor, Sorolla, Lloréns ou Corredoyra. Por último preséntase a plástica renovadora de Carlos Maside, Manuel Colmeiro, Arturo Souto, Laxeiro e Luís Seoane, xunto coa obra surrealista de Urbano Lugrís e Eugenio Granell e a abstracción de Labra, Caruncho e Molezún. Remata a exposición coa nova figuración lírica e intimista de Lago Rivera, González Pascual e Victoria de la Fuente.

Xunto coa pintura móstrase nas salas pezas da colección de numismática, artes decorativas, medallística e escultura nunha ampla secuencia cronolóxica.

No espazo que se conserva do antigo convento de Capuchinas expóñense dúas das coleccións máis emblemáticas do museo: a de louza de Sargadelos, que reúne distintas tipoloxías creadas por esta fábrica, e as series de gravados de Francisco de Goya dos Caprichos, Desastres, Disparates e Tauromaquia.

O Museo de Belas Artes da Coruña leva a cabo un programa de actividades dirixido a un público moi diverso, destacando a súas propostas educativas de infantil a bacharelato. Outras actividades son os obradoiros de gravado, o teatro, os concertos e cursos divulgativos, ademais dunha programación regular de exposicións temporais.

Logo do Museo de Belas Artes da Coruña

Enderezo:
Zalaeta s/n
15002 A Coruña
Teléfono: 881 881 700
Fax: 881 881 701
E-mail: mu.belas.artes.coruna@xunta.es
Web: http://museobelasartescoruna.xunta.es


Horario:
De martes a venres de 10:00 a 20:00.
Sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00.
Domingo de 10:00 a 14:00.
Días de peche: luns e festivos.


Servizos:
Prezo da entrada 2'40€
Biblioteca / centro de documentación SI
Tenda / venda de publicacións SI
Instalacións adaptadas á diversidade funcional SI

Temática:
Belas artes

Contactar có museo

San Domingos de Bonaval 15703 Santiago de Compostela
Tel.(981) 583620 - Fax 554840| secretaria@cgmuseos.org
XHTML 1.0 Strict válido CSS válido

Co patrocinio da:Xunta de Galicia