Consello Galego de Museos

Museo etnolóxico de Ribadavia

O Museo Etnolóxico atópase situado na antiga casa-palacio do marqués de Baamonde, adquirida en 1908 por D. José Martínez Vázquez, quen no seu testamento de 1911 deixa disposto que se destine a sede benéfico-docente co nome de Fundación Martínez Vázquez. O edificio desenvolve a súa función docente acollendo, entre outros, os Irmáns Maristas, Colexio Akademus e Instituto Laboral.

En 1978 é cedido polo concello de Ribadavia ao Ministerio de Cultura que acorda convertelo na sede do Museo de Artes e Costumes Populares -creado por Decreto en 1969 a iniciativa de Chamoso Lamas-. Posteriormente funcionou como sección etnográfica do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. No ano 1989 é transferida a súa xestión á Xunta de Galicia, e no ano 1993, por decisión da Consellería de Cultura, deixa de ser sección etnográfica do Museo Provincial ourensán, pasando á condición de museo con plena entidade coa denominación de Museo Etnolóxico.

Comprenden os seus fondos obxectos cun ámbito cronolóxico que abrangue desde finais do s. XIX ate os nosos días. Entre eles destacaremos a cerámica procedente de varios núcleos de produción autóctona, tecnoloxía e produción téxtil artesanal, aveños de labranza, mobiliario doméstico, aveños de pesca fluvial, instrumentos de medida, obxectos asociados ao coidado da vide e produción e almacenaxe do viño, obxectos representativos de oficios tradicionais, maquinaria agrícola e motores da primeira metade do s. XX, electrodomésticos, fondos de indumentaria de grupos folclóricos, e con menor representatividade xoguetes e material escolar.

Conta así mesmo cun interesante fondo fotográfico formado por aproximadamente 340.000 negativos e positivos de temática moi variada, ademais dun interesante fondo oral e documental, este último aportado por diferentes doazóns e legados: Asociación Abrente, Familia Meruéndano, Xesús Sánchez Orriols e Rubén García Álvarez, entre outros.

Logo do Museo etnolóxico de Ribadavia

Enderezo:
R/ Santiago 10
32400 - Ribadavia (Ourense)
Teléfono: 988 47 18 43
Fax: 988 47 09 61
E-mail: mu.etnoloxico.ribadavia@xunta.es
Web: http://museoetnoloxico.ribadavia-blog.xunta.es


Horario:
De novembro a marzo
De martes a venres: de 10h a 14:30h /de 16h. a 20h.
Sábados e domingos: de 11h. a 14:30h.

De abril a setembro
De martes a venres: de 10h a 14:30h/ de 17h a 20h.
Sábados e domingos: de 11h. a 14:30h.

Días de peche: luns e festivos.


Servizos:
Prezo da entrada /
Biblioteca / centro de documentación SI
Tenda / venda de publicacións /
Instalacións adaptadas á diversidade funcional /

Temática:
Etnoloxía

Contactar có museo

San Domingos de Bonaval 15703 Santiago de Compostela
Tel.(981) 583620 - Fax 554840| secretaria@cgmuseos.org
XHTML 1.0 Strict válido CSS válido

Co patrocinio da:Xunta de Galicia