Consello Galego de Museos

Museo Municipal de Ponteareas

O Museo Municipal está emprazado no antigo edificio das Escolas Graduadas da vila construídas gracias á xenerosidade de Isidoro Bugallal Araujo (1854-1914), feito que recordar unha placa de Asorey colocada na fachada.

A primeira sala está dedicada á prehistoria de Ponteareas e comarca, dende época paleolítica á romanización. Destaca o petroglifo de Chan de Gándara e unha pequena coleccións de bronces de Coto de Altamira - Taboexa (As Neves) coa figura dun togado.

A segunda sala recolle monograficamente materiais procedentes do xacemento arqueolóxico do Castro de Troña, pertencente á cultura galaico-romana.

A terceira sala amosa a evolución deste territorio dende tempos medievais -cando estaba encadrado na xurisdicción do Sobroso- ata a época contemporánea coa aparición dos municipios. Completa a sala unha referencia a dous sinais de identidade colectiva de Ponteareas: a festa de Corpus Christi coas súas alfombras de flores e a música, así como a lembranza a dous fillos ilustres deste municipio: Gabino Bugallal Araujo e Fermín Bouza Brey.

Por último, a xeito de galería, disponse unha colección de obras de artistas locais estando representados nomes como Silverio Rivas, Antonio Medal Carrera, Rogelio Lorenzo Rodríguez, Ignacio Vidales Tomé, Juan Soutullo, etc.

Dende 1998 o Museo conta có Centro de Recuperación de Cultura Popular, que ten como obxectivo a recuperación da nosa memoria colectiva expresada a través do que coñecemos como patrimonio cultural tradicional. Tras unha instalación nun local do centro da vila de Ponteareas, dende marzo de 2001 este Centro está instalado no Castelo de Sobroso (a sete quilómetro de Ponteareas pola estrada Nacional 120) onde amosa unha exposición permanente dedicada á indumentaria tradicional que se completa cunha sala sobre oficios tradicionais e unha recreación dos ambientes dunha casa rural tradicional. Ademais o Centro conta cun taller artesanal téxtil e unha tenda de artesanía da comarca do Condado, e se organizan periodicamente cursos, obradoiros, etc. sobre materias relacionadas coa cultura tradicional galega.

Logo do Museo municipal

Enderezo:
A Perillana 9-11
36860 Ponteareas
(Pontevedra)
Teléfono: 986 66 07 65
Fax: 986 66 06 47
E-mail: biblioteca.museo@ponteareas.org


Horario:
Luns a Venres: 10 a 14 e 16:30 a 20 h.

Días de peche: Sábado, Domingo e fastivos


Servizos:
Prezo da entrada gratuita
Biblioteca / centro de documentación SI
Tenda / venda de publicacións /
Instalacións adaptadas á diversidade funcional /

Temática:
Historia

Contactar có museo

San Domingos de Bonaval 15703 Santiago de Compostela
Tel.(981) 583620 - Fax 554840| secretaria@cgmuseos.org
XHTML 1.0 Strict válido CSS válido

Co patrocinio da:Xunta de Galicia