Consello Galego de Museos

Pazo-Museo Municipal "Quiñones de León"

O Museo Municipal "Quiñones de León" está instalado no antigo Pazo de Lavandeira, que data do século XVII, doado á cidade polo Marqués de Alcedo en 1925.

Os fondos do Museo divídense en tres grandes bloques: a planta baixa do edificio recrea o que sería o pazo no seu momento de esplendor (2ª metade do século XIX) con mobiliario e obras de arte da época.Ademáis nesta planta poden contemplarse tamén obxectos relacionados coa historia da cidade de Vigo.

A sección de arte galega contemporánea está composta por pinturas, esculturas, gravados e debuxos de artistas galegos, situados na primeira, segunda e torres do pazo. A través de 22 salas faise un percorrido pola arte galega dende finais do século XIX ás correntes dos anos 80.

A sección de prehistoria e arqueoloxía situada na ala leste, conta con tres salas: unha delas dedicada monograficamente á prehistoria e arqueoloxía de Vigo e bisbarra, outra acolle unha mostra sobre as escavacións no castro de Vigo, e outra a piques de inaugurarse, corresponde á romanización en Vigo e comarca

Logo do Museo de Belas Artes da Coruña

Enderezo:
Parque de Castrelos s/n
36213-VIGO (Pontevedra)
Teléfono: 986 29 50 70 /986 29 50 75
Fax: 986 23 93 72
E-mail: museocastrelos@vigo.org
Web: www.museodevigo.org


Horario:
MUSEO (Exposición permanente)
Martes, xoves e venres: 10.00 a 13.30 h e de 17.00 a 20.00 h
Mércores: 10.00 - 20.00 h
Sábados:
17.00 - 20.00 h
Domingos e festivos: 10.00 - 13.30 h

Sala de exposicións temporais
Martes a sábados
: 17.00 a 20.00 h Domingos e festivos: 10.00 a 13.30 h


Servizos:
Prezo da entrada gratuita
Biblioteca / centro de documentación SI
Tenda / venda de publicacións /
Instalacións adaptadas á diversidade funcional /

Temática:
Arte galega

Contactar có museo

San Domingos de Bonaval 15703 Santiago de Compostela
Tel.(981) 583620 - Fax 554840| secretaria@cgmuseos.org
XHTML 1.0 Strict válido CSS válido

Co patrocinio da:Xunta de Galicia