Consello Galego de Museos

Museo-fortaleza de San Paio de Narla (Xiá-Friol)

Descoñécese a data exacta de construcción da fortaleza de San Paio de Narla, pero dela hai documentación en 1350. Derruída polas revoltas irmandiñas no s. XV, foi reconstruída por Vasco das Seixas na centuria seguinte.

En 1939 é adquirida pola Deputación Provincial de Lugo que, en 1983, a converte en Museo Histórico e Etnográfico. Obra dos séculos XVI-XVII principalmente, este Museo-Fortaleza acubilla fundamentalmente as seccións de Etnografía (apeiros de labranza, utensilios para a preparación da la e o liño, obxectos relacionados coa equitación, cerámica popular, etc.) e de Armería (armas brancas e de fogo) do Museo Provincial de Lugo, destacando especialmente a súa singular cociña (con forno de granito e lareira) e o comedor (con cheminea renacentista e parladoiros nos vans); ademais da capela do século XVIII.

Enderezo:
Museo-fortaleza de San Paio de Narla
27220 Friol (Lugo)
Teléfono: 982 375156
Web: http://www.museolugo.org/


Horario:
1 de Abril a 30 de Setembro
Martes a Venres:
de 11 a 14 e de 17:00 a 20 h.
Sábados, Domingos e festivos: de 12 a 14 e de 17:00 a 20 h.

1 de Outubro a 31 de Marzo
Martes a Venres:
11:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 h.
Sábados, Domingos e festivos:
de 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 h.

Días de peche: Luns.


Servizos:
Prezo da entrada gratuita
Biblioteca / centro de documentación /
Tenda / venda de publicacións /
Instalacións adaptadas á diversidade funcional /

Temática:
Belas artes

San Domingos de Bonaval 15703 Santiago de Compostela
Tel.(981) 583620 - Fax 554840| secretaria@cgmuseos.org
XHTML 1.0 Strict válido CSS válido

Co patrocinio da:Xunta de Galicia