Consello Galego de Museos

Museo de Arte Sacra da Colexiata de Santa María do Campo

O Museo de Arte Sacro é un edificio de nova planta, deseñado polo arquitecto Manuel Galego Jorreto. O interior estrutúrase ao redor da escaleira.
O Museo alberga unha colección de pezas de pratería que foi atesourando a Colexiata desde finais do século XVII. A maior parte corresponden ao período comprendido entre 1750 e 1825. A colección divídese en catro niveis.

No PRIMEIRO NIVEL consérvanse pezas dos séculos XVI e XVII, entre as que destacan a arqueta e a custodia (ambas de autor anónimo) doadas por raíña María Ana de Neoburgo.
A Arqueta, do ano 1691, é unha caixa octogonal de fondo liso sobre o que se aplican láminas de prata repuxada con motivos vexetais. Apóiase sobre catro aguias coas ás despregadas que simbolizan a ascensión aos ceos. Coroa o conxunto un Agnus Dei sobre un leito de espigas e acios de uvas (símbolos eucarísticos). Por encargo da raíña, a arqueta úsase en Semana Santa.
A Custodia, realizada no ano 1695, é do tipo "Sol", cun marco central en forma de corazón, en torno ao que se distribúe a decoración figurada: anxos cos instrumentos da Paixón; San Xoán, María Magdalena e a Virxe María na parte inferior; e, coroando o conxunto, Deus Pai como creador do mundo e a pomba do Espírito Santo.

No SEGUNDO NIVEL exponse obras das escolas de prateiros coruñesa e cordobesa. Pódese destacar o relicario de San Clemente, a Custodia ferrolá, os incensarios e a naveta, o portaviático.

No TERCEIRO NIVEL obras principalmente do XIX. Durante o século XIX comezan a realizarse as pezas de prata en serie, co que perden a orixinalidade que tiñan ata entón.

No CUARTO NIVEL están as obras das escolas salmantina e compostelá, como sacras, floreiros, a pequena custodia de Pecul, unha cruz de altar con seis candeeiros, dous farois, ou a Custodia de Sobrado.

Logo do Museo de Arte Sacra da Colexiata de Santa María do Campo

Enderezo:
Porta de Aires, 23
15001 A Coruña
Teléfono: 981 203186
Fax: 981 203186
E-mail: museo@museoartesacro.e.telefonica.net


Horario:
De martes a venres de 10:00h a 13:00h e de 17:00h a 19:00h.
Sábados de 10:00 a 13:00.
Horario de verán:
De martes a venres de 9:00h a 14:00h.
Sábados de 10:00 a 13:00.
Días de peche: domingos, luns e festivos.


Servizos:
Prezo da entrada Gratuíta
Biblioteca / centro de documentación SI
Tenda / venda de publicacións SI
Instalacións adaptadas á diversidade funcional NON

Temática:
Colección visitable de ourivería e pratería procedente do tesouro artístico da Colexiata dende o século XVI ata hoxe.

Contactar có museo

San Domingos de Bonaval 15703 Santiago de Compostela
Tel.(981) 583620 - Fax 554840| secretaria@cgmuseos.org
XHTML 1.0 Strict válido CSS válido

Co patrocinio da:Xunta de Galicia