Consello Galego de Museos

Museo de Terra Santa

A visita ó Museo de Terra Santa supón unha oportunidade única de achegarse á cultura do Próximo Oriente, posto que ofrece un percorrido por todos os momentos históricos do actual Estado de Israel. Os fondos expostos, provenientes na súa totalidade de Terra Santa, explican culturas tan afastadas como imprescindibles para entender a nosa propia historia, converténdose así o Museo nunha ponte cultural que enlaza as cidades de Santiago e Xerusalén, xa unidas historicamente por seren dous dos principais centros de peregrinación.

Pasado remoto é a sección que exhibe pezas arqueolóxicas pertencentes ós períodos que van desde o Paleolítico á dominación romana (800.000-s. I a.C.). Recóllense fenómenos de grande trascendencia como a implantación da gandería e a agricultura, a aparición da cerámica e a escritura.

Presente de Terra Santa inclúe, xunto a varias maquetas, unha mostra de traballos artesanais en nácara e madeira de oliveira realizados en Belén e Xerusalén, que evidencian a pegada da Orde Franciscana na zona como custodios do Santo Sepulcro e promotores da economía familiar dos habitantes, gracias á introducción das citadas artesanías.

Desde o século I a.C. ata a I Guerra Mundial, romanos, bizantinos, árabes e turcos foron os encargados de configuraren a historia hierosolimitana. A todas esas culturas podémonos achegar na sección Xerusalén cobizada a través de pezas representativas da cada período: cerámicas, vidros, bronces, restos arquitectónicos..., que documentan estas etapas históricas.

Por último, baixo o epígrafe Convivencia actual as pezas expostas reflicten as variadas culturas e relixións presentes na actual Xerusalén e constatan o merecido calificativo de "crisol de culturas", que define tan acertadamente esta cidade testemuño da convivencia entre xudeus, musulmáns e cristiáns.

Completa o percorrido unha gran maqueta da cidade histórica de Xerusalén e, ademais, un monetario que recolle unha ampla e valiosa selección numismática con exemplares pertencentes a todos os momentos históricos, desde o período helenístico ata os nosos días.

Logo do Museo de Terra Santa

Enderezo:
Convento de San Francisco
Campillo de San Francisco 3
15705 - Santiago de Compostela
Teléfono: 981 58 16 00
Fax: 981 57 19 16


Horario:
De martes a domingo de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 19:00h.

Días de peche: luns .


Servizos:
Prezo da entrada Xeral 3€
exencións e reducións  
Biblioteca / centro de documentación /
Tenda / venda de publicacións Si
Instalacións adaptadas á diversidade funcional /

Temática:
Belas artes, Historia

San Domingos de Bonaval 15703 Santiago de Compostela
Tel.(981) 583620 - Fax 554840| secretaria@cgmuseos.org
XHTML 1.0 Strict válido CSS válido

Co patrocinio da:Xunta de Galicia