|
|
|
CONCLUSIÓNS Proponse, en consecuencia, potenciar os estudos de público para un mellor cumprimento de todas as funcións museísticas e unha maior relación museo-sociedade. Constatouse a incidencia da globalización nunha maior diversificación dos usuarios dos museos, que non teñen por qué ser unicamente visitantes das súas salas de exposición. Chamouse a atención sobre os grupos específicos dun público que ten dificultades e problemas e que esixe unha integración total nos servizos museísticos, demandando como prioridade a eliminación das barreiras arquitectónicas. As novas tecnoloxías da información e o coñecemento poñen hoxe a disposición dos museos ferramentas con gran potencial de accesibilidade, tanto directamente como a través da rede. Esta oportunidade
esixe que os museos, á súa vez, asimilen e adapten a nova
linguaxe comunicativa á transmisión dos seus contidos aos
públicos presencial e non presencial. Comprobouse a utilidade e a necesidade de reflexionar sobre a definición e o concepto dos museos no século XXI, recorrendo incluso aos textos clásicos antigos e modernos, o que debe reflectirse nas novas instalacións e montaxes. Ratificouse a importancia de coñecer experiencias diversas do mundo dos museos, moi diferentes no seu contido, na súa instalación e tamén nos seus públicos. Débese prestar maior atención aos centros permanentes, xeralmente cunha longa historia, que custodian e transmiten un patrimonio real, e que se ven preteridos fronte ás macro-exposicións e ás instalacións efémeras, e fronte ao chamado mundo virtual. En relación
coas consideracións precedentes, reafírmase que o deber
do profesional dos museos, como o de calquera traballador da cultura,
non é o de establecer certezas ou principios inamovibles, senón
o de proclamar en cada unha das súas accións e escritos
o espírito crítico e o exercicio do mesmo sobre o seu campo
de actuación e sobre a realidade no seu conxunto. |
| Co
patrocinio de: Xunta de Galicia.Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Dirección Xeral de Patrimonio Cultural |
|
![]() |