|
|
|
Sublíñase
o papel dos Coloquios de Museos como foros de intercambio científico
e cultural, de coñecementos e experiencias, afondando na idea da
construcción europea baseada no respecto das identidades culturais
dos diferentes territorios. Os museos deberan
instar as administracións públicas e os poderes económicos
no sentido da necesidade de contribuír á recuperación
do patrimonio cultural como memoria social, e a importancia que isto ten
para a expresión das identidades e a cohesión interna das
comunidades. Os museos, á
súa vez, débense esforzar por superaren dinámicas
rutineiras, reflexionando e documentando as mudanzas sociais, para seguiren
cumprindo as funcións e obxectivos historicamente asignados á
institución museal. Habida conta do
potencial dos museos para participaren, a través da recuperación
e utilización do patrimonio cultural, na creación de riqueza,
considérase necesaria a articulación de redes entre os museos
de diferente contido e ámbito para lograr unha meirande incidencia
social e ser partícipes dos procesos de cambio e estratexias de
desenvolvemento nas que se atopan implicados os distintos territorios
e comunidades. Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2002 |
| Co
patrocinio de: Xunta de Galicia.Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Dirección Xeral de Patrimonio Cultural |
|
![]() |