navegador faixa
Parque Etnográfico do Río Arnoia

descricion
O Parque Etnográfico do Río Arnoia está integrado polos seguintes elementos:
Muíño do Burato: situado á beira do río Arnoia, é unha mostra representativa dos numerosos muíños hidráulicos que se poden atopar ó longo do río. Dende a súa rehabilitación, un muiñeiro mostra ós visitantes a tradicional moenda de gran de cereal.
Muíño do Tecido "O Fiadeiro": Allariz, como importante zona de producción de liño e elaboración de tecidos durante o século pasado, conta na actualidade con esta mostra dos aparellos empregados no cultivo e transformación do liño, un antigo tear en uso e diversas pezas antigas tecidas a man. Ademais, conta cun pequeno espacio adicado a obradoiro onde se realizan e poñen á venda traballos de liño, algodón e lá.
Museo do Coiro " Fábrica de Curtidos Familia Nogueiras ": nel aínda se poden observar os pilos da curtición e as ferramentas empregadas neste oficio, o que, xunto coas explicacións dos paneis e do guía, permiten comprender todo o proceso de curtición.
Museo Galego do Xoguete: é unha exposición de gran interés, que recolle unha colección de aproximadamente 700 xoguetes pertencentes a un veciño de Allariz. A esta importante colección estanse engadindo outras cesións de numerosos visitantes, entre os que se atopa unha colección de 800 sillas, pendente de incorporar ó Museo

logo Museo

Foto Museo

enderezo
Casa da Cultura
Rúa Castelo s/n
32660 - Allariz (Ourense)
Tel. (988) 44 08 59
Fax. (988) 44 08 59

H O R A R I O
  Inverno:
Sábados e festivos:
12-14/17-19 h.
Domingos:
12-14/16-19 h.
Verán:
Xoves e Venres:
18-20 h.
Sábados e festivos:
12-14/18-20 h.
Domingos:
12-14/17-20 h.
B I B L I O T E C A
  Non
T A R I F A
  100 ptas cada museo
Bono de 300 ptas.:
visita ós catro museos.
Visitas organizadas:
  200 ptas./catro museos


San Domingos de Bonaval 15703 Santiago de Compostela Tel.(981) 583620 Fax 554840 cgmuseos@interbook.net