 |
 |
| Museo de Belas Artes da Coruña |

A actual sede do Museo de Belas Artes da Coruña foi inaugurada en decembro do ano 1995. O edificio, deseñado polo arquitecto Manuel Gallego Jorreto, ubícase no solar do antigo convento das monxas capuchinas, do que unicamente se conservou a fachada do século XVIII, obra de Fernando de Casas. Estas dependencias pasarían a integra-lo conxunto do museo co obxecto de alberga-las salas de cerámica de Sargadelos e os gravados de Goya.
Polo que se refire á colección, que supera as 5000 pezas, está centrada principalmente na pintura e escultura do século XVI ó XX ( facendo especial fincapé na arte galega ), gravado, cerámica e artes decorativas. Ditos fondos proceden na súa maior parte do Estado e do Museo do Prado, aínda que tamén contribuíron outras institucións públicas e privadas e numerosos particulares que depositaron ou doaron obras ó longo dos anos.
O proxecto museístico estructurou a colección de forma cronolóxica nas oito salas, dedicando as dúas últimas ás distintas manifestacións da arte galega. Xunto á exposición permanente, o edificio conta cunha sala de exposicións temporais e o chamado "foro", espacio de recepción que serve de receptáculo á escultura galega contemporánea 
|
|






H O R A R I O
|
| |
Martes a Venres: 10- 20h
Sábados : Mañan 10 - 14h Tarde: 16:30 - 20h.
Domingos: 10-14h
Luns e festivos: Pechado |
 |
B I B L I O T E C A
|
| |
Sí |
 |
T A R I F A
|
| |
Xeral: 2,40 €.
Reducida: 1,20 €. (carné xove, carné
de estudante ou os seus correspondentes internacionais; grupos
culturais ou educativos previa solicitude)
Gratuita: menores de 18, maiores de 65 e xubilados;
membros da Asociación de Amigos do Museo; voluntarios de
carácter cultural e educativo; persoas ou grupos que o
soliciten, por motivos profesionais, de estudo ou de investigación
.
Para todo o público entrada gratuíta
sábados pola tarde, domingos e 18 de maio (Día Internacional
dos Museos) . |

|