Museo da Catedral de Santiago de Compostela


O Museo foi fundado no ano 1930 e nel se recollen as pegadas da extraordinaria historia do Santuario no que se custodian os restos do Apóstolo. Ó tempo, é “Memoria da peregrinación” a través das pezas de diferentes épocas e materiais que se poden contemplar durante a visita.
Na actualidade, o percorrido do Museo inclúe catro zonas que se atopan en distintas dependencias da Catedral compostelá, permitindo un completo coñecemento da historia e importancia artística dun centro no que a cultura e o culto teñen un carácter universal.
Baixo as escaleiras da fachada do Obradoiro atópase a Cripta do Pórtico da Gloria –obra do Mestre Máteo–, que salvaba, coa súa construción, o desnivel da Catedral coa Praza do Obradoiro, ó tempo que desenvolvía un completo programa iconográfico nunha arquitectura exemplar que acolle, na actualidade, pezas diversas.
Nun lateral da fachada do Obradoiro está a porta principal do Museo, dende a que se percorren catro plantas do lado oeste do edificio do Claustro catedralicio. Nel se realiza unha viaxe no tempo á historia da Catedral e da cidade de Compostela que teñen os mellores exemplos nos restos arqueolóxicos; na reconstrución do Coro Pétreo do Mestre Mateo, que no seu tempo ocupaba a nave maior da Basílica; pezas que resumen o devagar histórico e artístico da Catedral; a Biblioteca, onde se atopa o Botafumeiro, a Sala Capitular, ou o Claustro renacentista e a gran colección de tapices que inclúe obras sobre cartóns de, entre outros, Rubens, Teniers e Goya.
No Tesouro e a Capela das Reliquias, ubicadas nun dos laterais do Claustro, custódiase unha destacada mostra da arte sacra e a ourivería relacionadas coa Catedral e o fenómeno xacobeo, e se atopan os sepulcros de reis de León e algúns familiares.
Finalmente, o Pazo de Xelmírez, edificio senlleiro da arquitectura civil medieval, dedícase habitualmente á celebración de exposicións temporais, destacando a Sala de Cerimonias e a Salaá de Armas. Dende Xelmírez se comeza a visita ás Cubertas de pedra da Catedral, unha oferta complementaria do Museo que constitúe unha experiencia inesquecible e se realiza en grupos guiados, sendo aconsellable facer uso do servizo de reservas.


Museo da Catedral de Santiago de Compostela

Foto Claustro Catedral de Santiago

enderezo
Pza. do Obradoiro s/n
15704 Santiago de Compostela
Tfno. 981 560527
Fax 981 563366
Páxina web:
www.catedraldesantiago.es
e-mail:
museocatedral@archicompostela.org
e-mail visitas:
edumuseocatedral@archicompostela.org

H O R A R I O
 

1 de outubro – 31 de maio
Luns a sábado: 10-13,30 e 16-18,30
Domingo: 10-13,30
1 de xuño – 31 de setembro
Luns a sábado: 10-14 e 16-20
Domingo: 10-14

B IBLIOTECA
  Si, especializada e aberta a investigadores.
T A R I F A S
  Xeral: 5 €
Grupos, estudantes, 3ª idade e peregrinos: 3 €
Grupos escolares (previa reserva): 1 €


V ISITAS ÁS CUBERTAS
(acceso por Pazo de Xelmírez)
  Tfno. información e reservas:
981 552985
Fax:
981 554403
e-mail Cubertas:
cubiertascatedral@archicompostela.org

Horario:
Luns a domingo: 10-14 e 16-20

Tarifas:
Xeral: 10 €
Reducida (grupos, estudantes, 3ª idade, peregrinos e visitantes do Museo): 8 €
Centros educativos e asociacións: consultar tarifa especial.




San Domingos de Bonaval 15703 Santiago de Compostela Tel.(981) 583620 Fax 554840 cgmuseos@interbook.net