 |
 |
| Museo de Arte Sacra da Colexiata de Santa María do Campo |

O Museo de Arte Sacra de Santa María do Campo foi inaugurado en Setembro de 1990. O seu Director é o Abade da Colexiata Rafael Taboada Vázquez.
Acolle a colección de  pezas de prata pertencentes á Colexiata de Santa María do Campo, realizadas por distintas escolas de prateiros de España: hai pezas das escolas cordobesa, coruñesa, compostelana, salmantina, francesa, etc. Tamén hai dúas pezas, unha Arqueta e unha Custodia, doadas pola raíña Mariana de Neoburgo realizadas na cidade alemana de Augsburgo e que son as xoias da colección. O edificio, de nova planta, foi realizado sobre un solar de trinta e dous metros cadrados polo arquitecto Manuel Gallego Jorreto, e distribúese en catro niveis.
O número de visitantes foise incrementando progresivamente desde a súa inauguración, situándose na actualidade en máis de trinta mil.
En 1993 creouse a Asociación de Amigos da Colexiata e Museo de Arte Sacra da Coruña e tamén publicouse o Catálogo do Museo, obra de Xabier Louzao Martínez 
|
|





R/ Puerta de Aires 23
15001 A Coruña
Tel. (981) 20 31 86
Fax. (981) 20 31 86 |

H O R A R I O
|
| |
De Martes a Venres:
9-14/ 17-19 h.
Sábados:
10-13 h.
Domingos, Luns e Festivos:
Pechado |
 |
B I B L I O T E C A
|
| |
Especializada en pratería e ourivería |
 |
T A R I F A
|
| |
Gratuíta |

|