Consello Galego de Museos

IX Coloquio Galego de Museos

MUSEOS, ESPAZO E DISCURSO

Lugo, 26, 27 e 28 de outubro

Conclusións:

  1. Os grandes e rápidos cambios que se teñen producido nas últimas décadas no concepto funcional do museo, obrigan a reformular o seu sentido e organización espacial, tanto naqueles de nova creación, como nos localizados en edificios históricos.
  2. Débense definir equipos de traballo, de arquitectos e técnicos de museos, que actúen simultaneamente desde o comezo da concepción do proxecto.
  3. Os edificios de nova planta, que teñen un marcado valor arquitectónico propio, deberán responder coa flexibilidade necesaria a un discurso previamente definido no programa de contidos e necesidades.
  4. O espazo arquitectónico non pode ser autónomo; ten que dar soporte aos cambiantes requirimentos do público e ás necesidades expositivas, de servizos, ambientais, de accesibilidade, etcétera.
  5. Os cambios aos que se fixo referencia anteriormente están a amosar a falta de espazos funcionais (depósitos de reserva, laboratorios, obradoiros e espazos de atención ao público) nas instalacións actuais dos museos.
  6. Débese procurar a integración do espazo arquitectónico dos museos no tecido urbano e no contexto territorial.
  7. Noutra orde de cousas, enténdese conveniente a activación operativa das redes previstas na norma legal, así como a actuación colaboradora entre os distintos museos con independencia da súa titularidade.
  8. Estímase que non debe existir ningún centro coa consideración de museo sen que dispoña dun programa de contidos e de necesidades espaciais.

Lugo, 28 de outubro de 2006

Co patrocinio de:

logtipo da Xunta
Xunta de Galicia.
Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.
Dirección Xeral de Patrimonio Cultural

Coloquios Galegos de Museos

Desde a súa oficialización mediante unha figura legal, a actividade do Consello Galego de Museos foise consolidando e ampliando. O segundo Coloquio Galego de Museos celebrouse en Lugo en 1984. O terceiro tivo lugar no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense en 1990. Os seguintes tiveron xa carácter monográfico: IV Investigación e Museos. Pontevedra, 1994 V Museos: do marco normativo á organización. Melide, 1997 VI A conservación preventiva. A Coruña, 2000 VII Museos: construíndo a Comunidade. Santiago de Compostela, 2002 VIII Os museos e o seu público. Ponteareas, 2004 IX Museos, espazo e discurso. Lugo, 2006.

Os coloquios contan co patrocinio da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Deporte – Xunta de Galicia, o mesmo que a edición das respectivas actas, publicadas en 1992 (recollendo parte dos materiais dos tres primeiros Coloquios), 1997, 1998, 2001, 2003 e 2006. Están no prelo as actas do IX Coloquio.

Ademais da organización dos Coloquios, desenvólvense periodicamente Xornadas Técnicas, concibidas eminentemente como un ámbito de análise e debate de problemas profesionais.

San Domingos de Bonaval 15703 Santiago de Compostela
Tel.(981) 583620 - Fax 554840| secretaria@cgmuseos.org
XHTML 1.0 Strict válido CSS válido

Co patrocinio da:Xunta de Galicia