navegador faixa

Casa-Museo Emilia Pardo Bazán

descricion
A Casa-Museo Emilia Pardo Bazán reabriu as súas portas o 16 de maio de 2003 unha vez definido o discurso museolóxico e cumprimentadas todas as fases museográficas para acadar o obxectivo de partida: obter un museo que honre e perpetúe a memoria da escritora coruñesa. Esta Casa da rúa Tabernas, na que dona Emilia pasou boa parte da súa vida é, por desexo da última herdeira, a súa filla Blanca Quiroga Pardo-Bazán, tamén sede de Real Academia Galega. Dese acto de doazón provén así mesmo a maior parte das pezas que se expoñen actualmente no museo e que nos fan comprender mellor as esferas vitais, históricas e sociais ás que pertencía a autora da novela Los Pazos de Ulloa. Neste marco único, amósanse espazos historicistas que recuperan o intimismo da “domus”, e asemade, nunha sala onde se incorpora a moderna museoloxía, analízase a súa faceta intelectual a través da súa obra literaria.
A Casa-Museo intenta achegar ao visitante a extraordinaria personalidade dunha muller adiantada ao seu tempo, que recreou en “Marineda” a súa visión particular da cidade que a viu nacer e a incluíu na historia da literatura.

logo Museo

Foto Museo

enderezo
Rúa Tabernas 11
15001 A Coruña

Tlf.  981 207308- 981 227141
 Fax. 981 207308

H O R A R I O
  Luns a Venres:
10-14/16-19 h.
Agosto pechado.
B I B L I O T E C A
  Si
T A R I F A
  Gratuíta.
S E R V I Z O S
  Visitas didácticas..


San Domingos de Bonaval 15703 Santiago de Compostela Tel.(981) 583620 Fax 554840 cgmuseos@interbook.net