|
A Fundación Liste. Museo Liste. Vigo, constitúese o 15 de xuño de 1999, froito dun convenio entre o Concello de Vigo e D. Olimpio Liste Regueiro. Ten a súa sede nunha vivenda unifamiliar de mediados do S. XX, con finca circundante, propiedade do Concello de Vigo.
A creación do Museo foi posible gracias á xenerosa aportación de D. Olimpio Liste Regueiro, que dona como patrimonio inicial preto de dous mil obxectos, que son resposta a un proxecto persoal, esencia do gran labor de investigación de tantos anos ó servicio da etnografía. Trátase dun Museo monográfico, de clara orientación etnográfica, cunha visión globalizadora de todo o ámbito da Comunidade Autónoma Galega.
O contido sitúase en nove salas de exposición permanente, dedicadas a outras tantas temáticas: a cultura do centeo, a roda tradicional, simboloxía dos oficios, o peche, tecidos, madeira escavada, a luz, materialidade da fe, e a arte de curar.
O funcionamento do Museo basease na vontade do contacto directo co visitante como principal protagonista. O departamento de didáctica canaliza as propostas de actividades e material de traballo para os alumnos e grupos organizados, ben a través de concertos con programas educativos, ou de xeito privado..
|