Museo da Limia


O Museo Etnográfico da Limia ten seis salas que agrupan a colección.
A primeira sala está adicada á Limia e fai un percorrido pola xeografía, historia e memoria da comarca.
A segunda (O liño) acolle unha mostra completa dos útiles e tarefas arredor do liño.
A terceira (Os oficios) fai unha recreación dos talleres dos artesanos máis importantes da Limia.
A cuarta (A pataca) céntrase na análise da implantación da pataca como o cultivo fundamental hoxe en día.
A quinta sala (A casa) recolle o espacio privado das xentes da Limia: cociña e leito coa súa moblaxe e co enxoval.
A sexta sala (O agro) reproduce o patio onde os labregos gardaban os apeiros de labranza.
Ademais, conta cun taller de tecidos artesanais en activo, tenda de lembranzas e biblioteca especializada.
No museo concértanse visitas guiadas, sendo os guías artesáns hoxe retirados que falan dos seus oficios

logo Museo da Limia

foto Museo da Limia

enderezo
Rúa Celanova 63
32650- Vilar de Santos (Ourense)
Tel. (988) 46 58 83 /46 58 72
Fax. (988) 46 58 63

H O R A R I O
  Laborables: 10-12/16-20 h.
Sábados e festivos:
11:30-13:30/ 17-19:30 h.
B I B L I O T E C A
 
T A R I F A
  Normal: 200 ptas.
Grupos (a partir de 10 persoas): 200 ptas, con guía incluido.
Veciños de Vilar de Santos: Gratuito


San Domingos de Bonaval 15703 Santiago de Compostela Tel.(981) 583620 Fax 554840 cgmuseos@interbook.net