 |
 |
| Museo Etnográfico Olimpio Liste |

O Museo Etnográfico Liste foi inaugurado no ano 1972 por Don Xesús Ferro Couselo e Don Xaquín Lorenzo Fernández, cuns fondos que superaban o millar de obxectos, xa que a formación do mesmo víñase producindo desde o ano 1965. Na actualidade os obxectos son máis de 6.000.
O contido do museo está orientado a catro aspectos: ó traballo agrícola de Galicia; a máis de corenta oficios, a maior parte descoñecidos; a obxectos de carácter singular, e á exclaustración monacal.
A demanda do investigador, tanto nacional como estranxeiro, tivo sempre resposta, co ofrecemento dos arquivos, biblioteca e depósitos.
Desde o Museo, mediante o Inventario e Catalogación que financia a Xunta de Galicia, estase a enriquecer o conxunto do patrimonio cultural dos galegos, que neste momento está ó 40% da súa execución.
A Excma. Deputación de Pontevedra editou "El Besadoiro y su ergología" e "Funcionalidad y Estética en el Museo Etnográfico Liste" de Araceli Liste Fernández, a Excma. Deputación de Ourense, "Antropología cultural galega. Guía dunha enquisa" de Victoria Vázquez López. Con medios propios, o Museo editou "As panadeiras de Cea" e "San Bieito de Marañao".
Gravacións en video sobre faenas agrícolas enriquecen os arquivos do Museo. Proxéctanse exposicións monográficas en distintas cidades 
|
|







|