Museo Provincial de Lugo


En 1932, a Excma. Deputación Provincial de Lugo acorda crea-lo Museo Provincial, vontade que se materializa dous anos máis tarde coa apertura no Pazo de San Marcos de varias salas con materiais arqueolóxicos, históricos, artísticos, etc., ata daquela dispersos en coleccións particulares.

En 1957, o Museo trasládase ó antigo convento de San Francisco. Conservando o refectorio, a cociña (ámbolos dous do s. XVIII) e o claustro (s. XV) deste vello cenobio, Manuel Gómez Román deseña un novo edificio con aires de pazo galego.

Na década dos noventa, o Museo foi ampliado segundo un proxecto de González Trigo. Esta ampliación, inaugurada polos Duques de Lugo o 16 de xaneiro de 1997, acolle o denominado Museo Nelson Zúmel.

O Museo conta con dous bens de interese cultural: o claustro (1931) e o propio Museo (1962). Polo que respecta ás coleccións, ofrece salas dedicadas a Arqueoloxía, Arte Sacra, Pintura e Escultura, Cerámica e Vidro, Abanos e Reloxos, Numismática e Medallística, etc.; así como unha sección de Arte Galega (pintura, escultura, cerámica de Sargadelos, ourivería popular e acibeches).


Logo Museo Municipal Ponteareas

Foto Museo Municipal Ponteareas

enderezo
Praza da Soidade s/n
27001 Lugo

Tel. (982) 242112
Fax. (982)240240
museo@diputacionlugo.org
www.museolugo.org

H O R A R I O
 

Inverno

Luns a Venres:
10:30-14:00 / 16:30-20:30h.

Sábados:
10:30-14:00 / 16:30-20:00 h
Domingos e festivos:

11-14 h.
Festivos pechado:
Festivos locais, 22 de Maio, 24, 25 e 31 de Decembro e 1 de Xaneiro.

 
Verán (Xullo e Agosto)

Luns a Venres:
11:00-14:00 / 17:00-20:00 h.

Sábados:
10:00-14:00

Domingos pechado


B I B L I O T E C A
  Especializada en temas de Galicia, Arte, Historia e Arqueoloxía
T A R I F A
  Gratuita


San Domingos de Bonaval 15703 Santiago de Compostela Tel.(981) 583620 Fax 554840 cgmuseos@interbook.net