Museo de Historia Natural "Luís Iglesias"


O Museo de Historia Natural "Luís Iglesias" da Universidade de Santiago constitúe o conxunto de patrimonio histórico-científico máis importante de Galicia. Este centro é continuador do Gabinete de Historia Natural, creado por Antonio Casares na Universidade de Compostela durante o curso 1840-41, e conserva nas súas instalacións moitas das coleccións do século dezanove, que conformaban un fermoso museo no antigo edificio da universidade.
Parte dos fondos históricos conservados están constituídos polos interesantes exemplares mercados en París no ano 1845 polo Rector José Viñas. Mais a maioría proceden da xenerosidade de moitos particulares, de acá e alá das nosas fronteiras, que converteron o Museo nun centro de grande valor. Dende os membros da Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago ata calquera particular, todos os interesados polo progreso das ciencias en Galicia, fixeron un grande esforzo por incrementar os seus fondos.
Todo este patrimonio fixo do Museo de Historia Natural un "escaparate do mundo natural", en xeral, e da ciencia galega, en particular. A través das súas coleccións podemos facer un percorrido polo labor dos máis sobranceiros científicos galegos dos séculos XIX e XX (José Rodríguez, Víctor López Seoane, Isidro Parga Pondal,...), así como pola investigación actual realizada nos departamentos da Universidade de Santiago.

Logo Museo Luis Iglesias

Foto do Antigo Museo de Historia Natural

enderezo
Avda. das Ciencias s/n
Campus Sur
15706 Santiago de Compostela
Tel. (981) 593589 - (981) 563100 ext. 14202
www.usc.es/museohn/
museohn@usc.es

H O R A R I O
  Días laborables:
Para visitas en grupo:
9-13 / 16-19 h.
Para visitas particulares:
10-13 / 17-19 h.
  No mes de xullo:
9-14 h.
  Mes de agosto pechado
 
Nota: As visitas en grupo débense concertar previamente por teléfono.
T A R I F A
  Gratuita


San Domingos de Bonaval 15703 Santiago de Compostela Tel.(981) 583620 Fax 554840 cgmuseos@interbook.net