navegador faixa

Museo Masso

descricion
O museo Massó está situado nun edificio que formaba parte da  factoría Massó en Bueu e ocupa un pequeno espazo das instalacións da antiga industria conserveira. As orixes do museo arrancan do labor coleccionista da familia Massó, que culminou na apertura dun museo do mar, de carácter privado, no ano 1932.
En 1992  a Xunta de Galicia adquire por compra a actual sede e a maior parte da colección do antigo museo, converténdose así nun museo público de titularidade autonómica. O museo inaugúrouse, tras unha lixeira rehabilitación, o 10 de xullo de 2002, presentando unha colección de contido etnográfico e antropolóxico, co mar e as súas actividades como eixe dos fondos.
A variedade das coleccións que compoñen os fondos permanentes é de salientar e abarca desde obxectos procedentes da factoría de conservas como cizallas, cuños, prensas, pranchas litografadas e latas, ata outros vinculados a oficios ancestrais como a carpintaría de ribeira, a salga de peixe ou as artes de pesca.
Tamén forma parte deses fondos unha valiosa colección bibliográfica constituida por un conxunto de libros de calidade excepcional entre os que a sección de incunables merece especial atención. A temática destas obras abrangue aspectos como a astronomía, a cartografía, a pesca, a arquitectura naval pero tamén outros tan dispares como a cociña ou a literatura. Completan a colección, unha pequena serie de instrumentos náuticos (astrolabios, bitácoras, octantes, etc.), maquetas de embarcacións históricas e tradicionais,  e un bo número de gravados de escenas mariñas.

logo Museo

Foto Museo

enderezo
Montero Ríos s/n
36930 BUEU (Pontevedra)

Tlf./Fax  986 321838
museo.masso@xunta.es
Web do Museo Masso

H O R A R I O
  Martes a Sábados:
10-14/16-20 h.
Domingos e festivos:
11-14/16-20 h.
Verán (15 xuño-15 setembro):
Martes a Sábado:
10-14/17-21 h.
Domingos e festivos:
11-14/17-21 h.
Luns:
Pechado.
B I B L I O T E C A
  Non
T A R I F A
  Xeral: 2,40€.:
Reducidas: 1,20€ (carnet de estudiante, carné xove ou os seus correspondentes internacionais)
Gratuíta: menores de 18, maiores de 65 e xubilados, grupos con solicitude previa, sábados pola tarde e domingos todo o día


San Domingos de Bonaval 15703 Santiago de Compostela Tel.(981) 583620 Fax 554840 cgmuseos@interbook.net