Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense


En 1845 a Comisión Provincial de Monumentos creaba o Museo de Pinturas de Ourense que abría ó público o 1 de Novembro de 1846. Cáseque cincuenta anos despois, en Maio de 1895, a propia Comisión decidía a creación dun Museo Arqueolóxico Provincial, integrando nel restos de obras que formaran parte da súa primeira iniciativa e diversos restos arqueolóxicos recollidos na Provincia.
Ten o seu solar actual no edificio do antigo Pazo do Bispo, monumento declarado dende 1931, adquirido en 1951 para súa sé. Neste noble edificio románico, con engadidos góticos, renacentistas e barrocos, que comparte co Arquivo Histórico, e que está situado no centro da Cidade de Ourense, de fronte ás Casas Consistoriais e a carón da Igrexa de Santa María, a Madre, distribúense as coleccións arqueolóxicas e artísticas do Museo, así como os servicios que posibilitan o seu funcionamento.
Dentro das súas coleccións teñen especial relevancia as series representativas do mundo megalítico; as referentes ó mundo castrexo, dentro do que constituen grupo excepcional as figuras dos Guerreiros e a escultura decorativa, e as de época galaicorromana vencelladas á historia da orixe da Cidade de Ourense. Singular relevo ten a serie de elementos constructivos prerrománicos e a ergoloxía medieval procedente de castelos e povoados.
Tocante ás series de belas artes cómpre destacar a escultura do Renacemento e Barroco, entre as que se encontran algunhas das xoias do Museo como a Inmaculada de Juni, os taboleiros da sillería de Montederramo ou o San Diego de Alcalá, atribuído a Moure, así como a pintura galega do século XVII e de finais do século XIX. Complétanse cunha serie variada e rica de mobiliario e artes decorativas nas que destacan os restos do botamen farmacéutico do Mosteiro de Oseira



enderezo

Praza Maior
32005 Ourense
Tel. (988) 22 38 84
Fax. (988) 22 37 01

Enlace á páxina web do museo:
http://www.xunta.es/
conselle/cultura/
patrimonio/
museos/mapour/index.htm


H O R A R I O

Cerrado por obras de remodelación

 

B I B L I O T E C A
   
T A R I F A
  Normal: 400 ptas.
Reducida: 200 ptas.
Gratuita: menores de 18, maiores de 65, sábados tarde e domingos pola mañá.


San Domingos de Bonaval 15703 Santiago de Compostela Tel.(981) 583620 Fax 554840 cgmuseos@interbook.net