Museo das Peregrinacións
e de Santiago


O Museo das Peregrinacións creouse no ano 1951 por iniciativa da Dirección General de Bellas Artes. Durante moitos anos abriu as súas portas esporadicamente, con motivo da realización dalgunhas exposicións temporais. No 1995, é transferido á Comunidade Autónoma de Galicia, pasando así a ser un museo de titularidade estatal e xestión transferida, e un ano despois ábrese definitivamente coa montaxe da exposición permanente.
O seu discurso museolóxico pretende poñer de manifesto o valor relixioso e cultural do culto ó Apóstolo e o posterior desenrolo que o camiño de peregrinación tivo dende a Alta Idade Media, especialmente no ámbito europeo. Así, o contido do museo a través das oito salas, pretende ilustrar ó visitante sobre a orixe do culto ó santo, o inicio e desenrolo da peregrinación así como a configuración paulatina do camiño a través dos séculos, os ritos da peregrinación e os diferentes camiños, a diversa iconografía de Santiago e por último a influencia da peregrinación no desenrolo económico e artístico dalgúns gremios da cidade

Logo do Museo das Peregrinacions

Foto Museo das Peregrinacions

enderezo
Rúa San Miguel 4
15704 - Santiago de Compostela
Tel. (981) 58 15 58
Fax. (981) 58 19 55

H O R A R I O
  Martes a Venres: 10-20 h.
Sábados: 10:30-13:30/ 17-20 h.
Domingos: 10:30- 13:30 h.
Luns: Pechado
B I B L I O T E C A
  Martes a Venres: 10-14 horas
T A R I F A
  Normal: 400 ptas.
Reducida: 200 ptas.
Gratuita: Sábados tarde, Domingos, menores de 18 anos, maiores de 65, parados


San Domingos de Bonaval 15703 Santiago de Compostela Tel.(981) 583620 Fax 554840 cgmuseos@interbook.net