Museo do Pobo Galego


O Museo do Pobo Galego fundouse en 1976, baixo os auspicios dun Padroado integrado por institucións e persoas que traballan nas distintas áreas da cultura galega e por representacións das Administracións públicas de Galicia.
As primeiras salas inauguráronse en 1977, no antigo convento de San Domingos de Bonaval, construído nos séculos XVII e XVIII. No interior pódese admirar a triple escaleira helicoidal deseñada por Domingo de Andrade. A igrexa, dos séculos XIII a XVII, alberga o Panteón de Galegos Ilustres.
O Museo do Pobo Galego pretende abranguer, desde a perspectiva da antropoloxía cultural, as diversas manifestacións da cultura espiritual e material da nosa terra. Conta con salas permanentes dedicadas ao Mar, o Campo, os Oficios, o Traxe, os Instrumentos musicais, o Hábitat e a Arquitectura popular e A sociedade, memoria e tradición. Presenta así mesmo seccións de Arqueoloxía e Arte..
O Museo organiza exposicións temporais e actividades científicas e divulgativas. Dispón dunha notable biblioteca especializada, que integra, entre outros, os legados de Xaquín Lorenzo, Xesús Taboada Chivite, Antonio Fraguas, Fermín Bouza Brey, Antonio Rodríguez Fraiz e Manuel Beiras García. As reservas visitables custodian, para fins de conservación e estudo, as coleccións non expostas. O Departamento de Educación e Acción cultural ocúpase de organizar e dirixir as visitas colectivas e as actividades didácticas. Conta tamén con servizo de publicacións.

Logo museo do Pogo Galego

Foto museo do Pogo Galego

enderezo
San Domingos de Bonaval
15703 Santiago de Compostela
Tel. 981 - 58 36 20
Fax. 981 - 55 48 40
www.museodopobo.es
museodopobo@interbook.net

H O R A R I O
  Martes a Sábados (luns pechado):
10-14/ 16-20 h.
Domingos e Festivos: 11-14h.
Visitas organizadas: previa solicitude telefónica.
B I B L I O T E C A
 
T A R I F A
  Gratuita


San Domingos de Bonaval 15703 Santiago de Compostela Tel.(981) 583620 Fax 554840 cgmuseos@interbook.net