 |
 |
| Museo de Pontevedra |

O Museo de Pontevedra naceu, baixo os auspicios da Deputación Provincial, o 30 de Decembro de 1927 e abriu ó público en Agosto de 1929. Instalado inicialmente no pazo " Castro Monteagudo " ( 1760 ), na actualidade ocupa, ademáis, outros catro edificios: o "García Flórez" (s. XVIII) , o "Sarmiento" (s. XVIII), o "Fernández López" (actual) e as Ruinas de Santo Domingo (ss. XIV e XV).
Os seus fondos caracterízanse pola súa riqueza e diversidade. Exhíbense coleccións de arqueoloxía (galega e foránea), ourivería, pintura española (ss. XV a XX) e estranxeira, escultura relixiosa, acibeches, gravado compostelán, recordos históricos e navais, Méndez Núñez, vidro de La Granja, louza de Sargadelos, cerámica de Cesures, cociña tradicional, Castelao, gravados prehistóricos, epigrafía romana, alfarería popular, A Peregrina e Pontevedra antiga, arte galega (desde a Idade Media ata o século XX ), bolseiros da Deputación, azulexos... Posúe tamén unha rica bilioteca especializada, hemeroteca e arquivos (gráfico e documental) 
|
|





Pasantería 10
36002 -Pontevedra
Tel. (986) 84 32 38 /85 14 55
Fax. (986) 84 06 93 |

H O R A R I O
|
| |
Verán ( 1-VI / 30-IX ):
Martes a sábados:
10-14:15/ 17-20:45 h.
Inverno ( 1-X / 31-V ):
Martes a Sábados:
10-13:30/ 16:30-20 h.
Domingos e festivos:
11-14 h.
Luns pechado |
 |
B I B L I O T E C A
|
| |
Máis de 100.000 volumes. Especializada en temas de Galicia, arte, Historia e Arqueoloxía. |
 |
T A R I F A
|
| |
Gratuíta para cidadáns da U.E. 200 pta. para o resto |

|