Museo Municipal "Quiñones de León"


O Museo Municipal "Quiñones de León" está instalado no antigo Pazo de Lavandeira, que data do século XVII, doado á cidade polo Marqués de Alcedo en 1925.
Os fondos do Museo divídense en tres grandes bloques: a planta baixa do edificio recrea o que sería o pazo no seu momento de esplendor (2ª metade do século XIX) con mobiliario e obras de arte da época. Ademáis nesta planta poden contemplarse tamén obxectos relacionados coa historia da cidade de Vigo.
A sección de arte galega contemporánea está composta por pinturas, esculturas, gravados e debuxos de artistas galegos, situados na primeira, segunda e torres do pazo. A través de 22 salas faise un percorrido pola arte galega dende finais do século XIX ás correntes dos anos 80.
A sección de prehistoria e arqueoloxía situada na ala leste, conta con tres salas: unha delas dedicada monograficamente á prehistoria e arqueoloxía de Vigo e bisbarra, outra acolle unha mostra sobre as escavacións no castro de Vigo, e outra a piques de inaugurarse, corresponde á romanización en Vigo e comarca

Logo Museo Municipal Quiñones de León

Foto Museo Municipal Quiñones de León

enderezo
Parque de Castrelos s/n
36213-VIGO (PONTEVEDRA)
Tel. (986) 29 50 70 /29 50 75
Fax. (986) 23 93 72

www.museodevigo.org
museocastrelos@vigo.org

H O R A R I O
 
MUSEO (Exposición permanente)

Martes, xoves e venres:
10.00 - 13.30 h / 17.00 - 20.00 h

Mércores:
10.00 - 20.00 h

Sábados:
17.00 - 20.00 h

Domingos e festivos:
10.00 - 13.30 h


SALA DE EXPOSICIÓNS TEMPORAIS

Martes a sábados
17.00 - 20.00 h

Domingos e festivos:
10.00 - 13.30 h

B I B L I O T E C A
  Especializada en arqueoloxía e arte galega
T A R I F A
  Gratuita


San Domingos de Bonaval 15703 Santiago de Compostela Tel.(981) 583620 Fax 554840 cgmuseos@interbook.net