Museo Etnolóxico de Ribadavia


Creado no ano 1969 por iniciativa de Chamoso Lamas e coa idea de ser o "Museo do Val". Posteriormente funcionou como sección etnográfica do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. No ano 1989 é transferido en xestión á Xunta de Galicia e no 1993, por decisión da Consellería de Cultura, deixa de ser a sección etnográfica do Museo Provincial ourensán e pasa á condición de museo con plena entidade coa denominación de Museo Etnolóxico

Os fondos responden á temática etnolóxica da cultura rural e vilega de diversas comarcas da provincia de Ourense: fondos e documentación das labouras agrarias e tecnoloxía dos oficios. Destaca a súa biblioteca especializada en antropoloxía e historia, con varios legados ("Sánchez Orriols", "Rubén G. Álvarez", "Meruéndano", "Abrente", "Emilio G. Fernández"...) e con fondos documentais sobre o viño, o cine e o teatro. De interese é o Fondo de Documentación Oral etnohistórica que se desenvolve mediante investigación de campo

Desde 2003 o museo ten as súas portas abertas con exposicións temporais de contido etnolóxico (sobre todo de antropoloxía visual) en catro salas acondicionadas para tal fin. Desde xullo do 2005 en dúas destas salas cóntase cunha exposición de fondos da colección téxtil do Museo, na mostra titulada Seguindo o fío. A tradición téxtil en Galicia, esta mostra con lixeiras modificacións que se farán a finais do 2006 seguirá aberta mentres non se acometa o novo plan museográfico do Museo.

Para o 2006 nas outras dúas salas tense programadas as seguintes exposicións:
- Mulleres, tipos e estereotipos, de Ortiz Echagüe (desde o 14 de febreiro hasta o 26 de marzo)
- Ser, estar, parecer. Fotografías en branco e negro de Mila Rodero feitas a artesáns da zona.
- Álbums para o reencontro. Ribadavia e os ribadavienses IV






enderezo
R/ Santiago 10
32400 - Ribadavia (Ourense)
Tel. (988) 47 18 43
Fax. (988) 47 09 61

H O R A R I O
  Inverno
De martes a venres:
de 10h a 14:30h /de 16h. a 20h.
Sábados e domingos:
de 11h. a 14:30h.
Luns e festivos pechado

Verán
De martes a venres:
de 10h a 14:30h/ de 17h a 20h.
Sábados e domingos:
de 11h. a 14:30h.
Luns e festivos pechado

B I B L I O T E C A
 
T A R I F A
   


San Domingos de Bonaval 15703 Santiago de Compostela Tel.(981) 583620 Fax 554840 cgmuseos@interbook.net