Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón


O Museo está instalado no Castelo de San Antón, situado na Bahía coruñesa, próximo á "Cidade" (casco antigo) e ás súas murallas, e actualmente en pleno paseo marítimo que bordea toda a península que conforma a cidade de A Coruña. A fortaleza foi construída entre os séculos XVI e XVIII nunha illa da bahía, para a defensa da cidade fronte ós ataques por mar. O contido do Museo céntrase na Arqueoloxía e a Historia e establécense tres seccións:
- Arqueoloxía: expóñense pezas dos diversos períodos da Prehistoria e Historia Antiga de Galicia, e principalmente da provincia da Coruña, abranguendo dende o Paleolítico ata a época romana. Son de subliñar, entre outros, a colección de ourivería protohistórica (torques de Xanceda, casco de Leiro), materiais de Dombate, e a Tabula Lougeiorum.
- Escultura medieval e heráldica: instalada nas casamatas que rodean o patio
- Historia: instalada na planta alta do castelo, expóñense pezas relacionadas cos principais fitos da historia da cidade : construcción da Torre de Hércules, invasión de Drake en 1589, batalla de Elviña, relacións marítimas

Logo Castelo San Anton

Castelo San Anton

enderezo
Castelo de San Antón
15001 A Coruña
Tel. (981) 18 98 50
Fax. (981) 20 59 94 /21 05 04
e-mail: sananton@ctv.es

H O R A R I O
  Inverno:
de Martes a Sábados:
10 - 19 h.
Domingos e festivos:
10-14:30 h.
Verán:
de Martes a Sábados:
10-21 h.
Domingos e festivos:
10-15 h.
Luns pechado
B I B L I O T E C A
 
T A R I F A
  Especiais para maiores de 65 anos, menores de 14 e grupos escolares concertados


San Domingos de Bonaval 15703 Santiago de Compostela Tel.(981) 583620 Fax 554840 cgmuseos@interbook.net