Museo histórico de Sargadelos


Museo Histórico de Sargadelos fundouse en 1988, baixo os auspicios do Real Patronato de Sargadelos. A creación deste museo débese incluír dentro dun proxecto máis amplo que pretende a recuperación de todo o patrimonio das Reais Fábricas e que comeza en 1972 cando as Reais Fábricas de Sargadelos son declaradas Conxunto histórico-artístico a proposta do Laboratorio de Formas de Galiza. Este museo pretende dar a coñecer a historia das Reais Fábricas de Sargadelos, complexo industrial que no século XIX foi un dos núcleos máis activos do noso país. Antonio Reimunde Ibáñez, marqués de Sargadelos, creou a finais do século XVIII a primeira siderurxia integral do Estado español. Poucos anos despois, en 1806, empeza a funcionar a fábrica de louza que, entre outras innovacións, introducía a louza estampada. O proxecto industrial do marqués de Sargadelos durou ata 1875, data na que se produce o cese de actividade e se inicia a deterioración do conxunto arquitectónico, do que só se conservan actualmente algunhas construccións, como o pazo do marqués e a Casa da Administración. No Museo pódense ver pezas de cerámica decoradas a man e estampadas, pezas de fundición e moldes orixinais da Antiga Fábrica de Cerámica de Sargadelos. .

Martes a sábado:
Verán: 10:30-14h/ 16:30-20h.
Inverno: 10:30-14h/ 15:30-18h.Martes a sábado:
Verán: 10:30-14h/ 16:30-20h.
Inverno: 10:30-14h/ 15:30-18h.

Foto Museo Municipal Ponteareas

enderezo

Casa da administración. Sargadelos s/n 27891 Cervo (Lugo)

Tel. 982 557 905
Fax. 982 557 905

patronato.sargadelos@xunta.es


H O R A R I O
 

De xaneiro a outubro:

10:30-14:00h / 16:00-19:00 h.

De novembro a decembro:

10:30-14:00h / 15:00-18:00 h

B I B L I O T E C A 

  Si
T A R I F A
  Gratuita


San Domingos de Bonaval 15703 Santiago de Compostela Tel.(981) 583620 Fax 554840 cgmuseos@interbook.net