 |
 |
| Museo Arqueolóxico do Castro de Viladonga |

Creado en 1983 polo Ministerio de Cultura e transferida a súa xestión á Xunta de Galicia en 1989, este Museo xurdiu motivado pola importancia arqueolóxica e histórica do Castro de Viladonga, - plasmada na monumentalidade do xacemento e na cantidade e cualidade dos materiais aparecidos desde 1971 en que se iniciou a súa excavación-, e co fin de expoñer estes no seu propio contexto ó tempo que se prestaba atención ó uso socio-cultural e educativo daquel.
Está situado a 23 km. ó N.E. de Lugo e chégase doadamente desde o km. 70 da estrada N-640.
Ademais dos servicios internos necesarios (biblioteca especializada, salas de traballo, taller de restauración e de debuxo, almacéns, etc.), o Museo, de cara ó público estructúrase en catro salas (e unha máis destinada a sala de actos e multiusos): unha delas ofrece información complementaria sobre os traballos no Castro, a historia do Museo e o seu contexto xeográfico e histórico. As outras tres dedícanse a expoñer os numerosos e moi variados fondos aparecidos no xacemento, acompañados de abundante información escrita e gráfica así como de maquetas e outros elementos que axuden a comprender por parte de toda clase de público o carácter e a importancia dun castro que foi habitado en época galaico-romana 
|
|






H O R A R I O
|
| |
De marzo a xuño, setembro e outubro: de 10 a 20 h.
Xullo e agosto: de 10 a 21 h.
De novembro a febreiro: de 10 a 19 h.
(O Castro está aberto de xeito permanente)
|
 |
B I B L I O T E C A
|
| |
Sí, (especializada) |
 |
T A R I F A
|
| |
Normal: 2'40 euros Reducida: (menores de 18 e maiores de 65) 1'20 euros Gratuita: Sábados (desde as 14 h.) e domingos; con motivo de exposicións temporais, e grupos organizados. |

|