|
O
Museo de Prehistoria e
Arqueoloxía de Vilalba é unha
Fundación Pública
Municipal rexida por
un Padroado. As súas
actividades céntranse
na investigación,
custodia, conservación
e difusión da
Prehistoria e Historia
Antiga de Galicia.
Na súa
exposición permanente
pódese contemplar
un percorrido polas distintas
fases e culturas asentadas
no Noroeste da Península
Ibérica dende
os primeiros poboadores
ata a presencia romana.
Afastándose do
abigarramento e repetición
de obxectos faise fincapé
nos procesos culturais,
tecnolóxicos e
económicos destas sociedades
dun xeito especialmente didáctico.
Ademáis
da exposición
permanente móntanse outras
temporais que logo de
presentarse no Museo tórnanse
itinerantes. A organización
de cursos, seminarios
e ciclos de conferencias, xunto
coas tres series de publicacións
editadas, completan a oferta
cultural do centro.
As dúas
liñas de investigación
prioritaria desenroladas
son: a caracterización das
sociedades paleolíticas e epipaleolíticas
de Galicia e a reconstrucción
paleoambiental do norde
da Península Ibérica.
Posúe
un programa de Acción Didáctica deseñado
para grupos escolares e colectivos de adultos que reúne
unha serie de recursos que se poden desenrolar individualmente,
ou agrupándoas segundo o interese dos participantes ou
da súa dispoñibilidade de tempo; Deste xeito a duración
da visita pode oscilar entre unha hora e toda unha xornada, segundo
os recursos elixidos.
Disponse tamén dun programa educativo para grupos familiares
|