Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba
O Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba é unha Fundación Pública Municipal rexida por un Padroado. As súas actividades céntranse na investigación, custodia, conservación e difusión da Prehistoria e Historia Antiga de Galicia.
Na súa exposición permanente pódese contemplar un percorrido polas distintas fases e culturas asentadas no Noroeste da Península Ibérica dende os primeiros poboadores ata a presencia romana. Afastándose do abigarramento e repetición de obxectos faise fincapé nos procesos culturais, tecnolóxicos e económicos destas sociedades dun xeito especialmente didáctico.
Ademáis da exposición permanente móntanse outras temporais que logo de presentarse no Museo tórnanse itinerantes. A organización de cursos, seminarios e ciclos de conferencias, xunto coas tres series de publicacións editadas, completan a oferta cultural do centro.
As dúas liñas de investigación prioritaria desenroladas son: a caracterización das sociedades paleolíticas e epipaleolíticas de Galicia e a reconstrucción paleoambiental do norde da Península Ibérica.
Posúe un programa de Acción Didáctica deseñado para grupos escolares e colectivos de adultos que reúne unha serie de recursos que se poden desenrolar individualmente, ou agrupándoas segundo o interese dos participantes ou da súa dispoñibilidade de tempo; Deste xeito a duración da visita pode oscilar entre unha hora e toda unha xornada, segundo os recursos elixidos.
Disponse tamén dun programa educativo para grupos familiares.
Enderezo:
Rúa Domingo Goas 2
27800 Vilalba (Lugo)
Teléfono: 982 51 13 83
Fax: 982 51 13 83
E-mail: museo@museovilalba.org
Web: www.museovilalba.org
Horario:
Martes a Sábados: de 11 a 13:30h e de 17 a 19:30h
Días de peche: Domingos, luns e festivos.
Servizos: | |
---|---|
Prezo da entrada | gratuita |
Biblioteca / centro de documentación | SI |
Tenda / venda de publicacións | / |
Instalacións adaptadas á diversidade funcional | / |
Temática:
Prehistoria e Arqueoloxía