Consello Galego de Museos

MUSEO PEDAGÓXICO DE GALICIA (MUPEGA)

O Museo Pedagóxico de Galicia (en diante, MUPEGA) foi creado mediante o Decreto 268/2000, do 2 de novembro (Diario Oficial de Galicia núm. 219, do 13/11/2000), a proposta da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Con esta iniciativa retómase e actualízase o testemuño histórico, datado en 1926, de crear un centro museístico de cobertura territorial galega, especializado en materia educativa. A súa sede foi inaugurada o día 21 de outubro de 2004.

Posteriormente, mediante acordo adoptado na súa sesión do día 26 de outubro de 2006, o Consello da Xunta de Galicia recoñeceu o MUPEGA como Museo de contido pedagóxico e cientifico-técnico de ámbito autonómico galego.

O MUPEGA é un centro específico da actual Consellería de Cultura, Educación e Orientación Universitaria, destinado a recuperar, salvagardar, estudar, mostrar e difundir todas aquelas expresións educativas que poñan de manifesto a variedade e riqueza do patrimonio pedagóxico de Galicia. Deste xeito, asegurarase a súa permanencia no tempo, fomentase a súa indagación científica e propíciase a súa transmisión como legado vivo e en continuo emerxer ao acervo cultural de Galicia.

Así, o MUPEGA presenta ó longo de 3 plantas expositivas aqueles aspectos máis sobranceiros da vida escolar e do mundo da infancia, nomeadamente do xogo e xoguete, cun enfoque diacrónico e unha representación museográfica moi atinada. Destacan ás recreacións das diferentes tipoloxías de aulas históricas que integran a súa exposición permanente e os espazos de lecer pensados para as visitas máis novas, como son a ludoteca e o patio de xogos tradicionais.

Ademais, o MUPEGA, exhibe os seus fondos a través de das exposicións temporais coas que completa a súa exposición permanente e contribúe a promover a investigación no campo educativo.

Por outra banda, o MUPEGA tamén desenvolve programas didácticos específicos e adaptados segundo o nivel educativo ou as características especiais do grupo (visitas guiadas, encontros interxeneracionais – nenos e nenas e persoas maiores-, sesións de xogos tradicionais no patio...).

 

Logo do Museo das Peregrinacións e de Santiago

Enderezo:
San Lázaro, 107
15704 Santiago de Compostela
Teléfono: 981 540 153/55/56
Fax: 981 540 154
E-mail: museo.pedagoxico.galicia@edu.xunta.es
Web: www.edu.xunta.es/mupega


Horario:
Visitas sen guía

Horario de inverno (Do 16 de setembro ao 14 de xuño)
Martes a sábado: 10:00 a 14:00 e 16:00 a 20:00
Luns, domingos e festivos pechado

Horario de verán (Do 15 de xuño ao 15 de setembro)

Luns a venres: 08:30 a 14:30
Sábados, domingos e festivos pechado

Visitas guiadas e actividades didácticas
Reserva previa a través do seguinte enlace: http://www.edu.xunta.es/mupega/formulario A visita guiada ten unha duración de 1 hora e cuarto

Pechado
Do 1 ao 31 de Agosto
24 e 31 de decembro
Sábado Santo e sábado seguinte ao 25 de decembro e ao 1 de xaneiro


Servizos:
Prezo da entrada Gratuíta
Biblioteca / centro de documentación SI
Tenda / venda de publicacións NON
Instalacións adaptadas á diversidade funcional SI

Temática:
Historia da escola e da infancia en Galicia

Contactar có museo

San Domingos de Bonaval 15703 Santiago de Compostela
Tel.(981) 583620 - Fax 554840| secretaria@cgmuseos.org
XHTML 1.0 Strict válido CSS válido

Co patrocinio da:Xunta de Galicia