O Consello Galego de Museos e unha plataforma estable de coordinacion e colaboracion entre as institucions museisticas galegas.
En 1981 organizouse en Compostela o primeiro Coloquio de Museos Galegos, que foi a primeira tentativa de establecer unhas liñas de coordinación e cooperación entre os museos de Galicia.
Entre as conclusións daquel primeiro encontro formulábase o propósito de constituír unha plataforma estable que posibilitase a "coordinación e colaboración entre as institucións museísticas galegas, e que tería como función primordial a de procurar solucións para a problemática xeral plantexada".
Será en 1983 cando se formalice a creación do Consello Galego de Museos, que como tal é invitado a designar un representante no recén creado Consello da Cultura Galega. Pero é en 1990 cando o Consello Galego de Museos adquire estatuto legal mediante a fórmula de asociación de ámbito galego.
X Coloquio Galego de Museos
Museo Etnolóxico. Ribadavia, 2 a 4 de outubro de 2008
Organizado por:
CONSELLO GALEGO DE MUSEOS MUSEO ETNOLÓXICO. RIBADAVIA
Patrocinado por:
XUNTA DE GALICIA. Consellería de Cultura e Deporte Dirección Xeral de Patrimonio cultural
Secretaría:
Museo Etnolóxico
Rúa Santiago 10
32400 RIBADAVIA, Ourense
T 988 4718 43 – F 981 470961
http://museoetnoloxico.ribadavia-blog.xunta.es/
mu.etnoloxico.ribadavia@xunta.es

